Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas.Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidadelingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística.Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o moverealmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán ûcontra o quecabería agardarûnon se espallou por Europa a punta de pistola.Tamén viaxaredes a lugares máis afastados, cando exploremos a estrañanatureza democrática do noruegués, as tendencias zigzagueantesdo neerlandés no tocante ao xénero, as sanguentas batallas libradaspor culpa do grego e os orfos lingüísticos dos Balcáns. E,afastándovos aínda máis dos camiños trillados, guiarémosvos ata asantigas reliquias do lituano, o snobismo do sorbio e osdesconcertantes xiros do éuscaro.