Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seuedificio. A partir dese momento, a súa atención centrarase en coñeceras misteriosas actividades ás que o vello se dedica. Sen sabelo, estáa abrir unha porta que ha cambiar a súa vida.Un rapaz que está a descubrir o mundo, como quen o constrúe con pezasdun mecano, encontra de pronto a presenza dun vello que vai deixandoao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estrelas.