E unha narración que se publicou por primeira vez no ano 1986 e quedesde entón se convertiu nun dos libros máis buscados por pequenos egrandes, pois aínda que foi escrito pensando en lectores de doce anos, ó final, como sucede con toda literatura de calidade, acabou sendounha obra para todos. Conta as historias que lle suceden a Antón emais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón AndradeAsorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can, polo tanto carece de apelidos. O longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón.E sabe contalas moi ben.