Isaac Díaz Pardo, nacido en Santiago en 1920, foi un neno criado eeducado nos valoresculturais, ideolóxicos e artísticos da República.Seu pai, o artista Camilo Díaz Baliño, escenógrafo de profesión, fixodo seu taller da casa da Tumbona, na rúa das Hortas compostelá, unlugar de encontro dos artistas e intelectuais galeguistas cos queIsaac conviviu e colaborou desde mociño. Sen embargo, todas asilusións da infancia e da adolescencia escacharon en xullo de 1936.Díaz Baliño, Anxel Casal e outros tantos amigos da familia foronasasinados. Isaac, en cuestión de horas pasou de ser un neno daRepública a un mozo da guerra. Tivo que agacharse porque taménperigaba a súa integridade e defenderse na vida como puido. Primeirocomo pintor industrial, logo como artista plástico de grande éxito edesde 1950 como ceramista, creador e fundador das Fábricas deCerámicas do Castro, da Magdalena arxentina e de Sargadelos. Mais ostempos da República deixaron en Díaz Pardo unha marca indeleble quelle alentou de por vida a ilusión por mudar a sociedade galega. NaArxentina serviu de ponte entre a Galicia do exilio e a do interior econ Luís Seoane en 1963 fundou o Laboratorio de Formas de Galicia,ente teórico e viveiro de ideas, que foi o que posibilitou que daunión de dúas personalidades creadoras e visionarias como a de LuísSeoane e Isaac Díaz Pardo nacese a proposta cultural privada máisimportante e transcendente de cantas se teñan feito na Galiciaposterior ao ano 1936.