TENIENTE, JAVIER / TENIENTE, XAVIER
O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo,sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes.Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo. Este libro non é unha análise xeopolítica da situación do Iraqocupado. Este volume recolle as reportaxes fotográficas realizadas nas viaxes de Javier Teniente, un correspondente galego que fixou a súamirada sobre as verdadeiras vítimas desta situación estremecedora.Esta é a crónica de urxencia dun fotógrafo valente que retrata o quepasa en Iraq a diario, dende a miseria dos hospitais de Bagdag, ondese realizan operacións a vida ou morte en inmundas salas de quirófano, os caídos anónimos dos centos de tiroteos, ata a vida dos nenos emozos que inventan cada día as súas vidas nas rúas da capital. O medio centenar de fotografías v precedido por un limiar de David Beriain,correspondente de "La Voz de Galicia" no conflito iraquí. Undocumento, pois, da esperanza de que as cousas cambien.