SOUTO MOURE, ALEJANDRA INMACULADA / , ALEJANDRA INMACULADA
Desenvolverse en inglés xa non ten por que ser un obstáculoinsalvábel, traspasar as barreiras lingüísticas e comunicativas estáao alcance de calquera persoa e á orde do día.
IdeaspropiasEditorial ofrécelle a posibilidade de pór fin a estas barreirascomunicativas presentándolle este manual, co que poderá coñecer,aprender e practicar as expresións típicas e fundamentais da linguainglesa, así como adquirir nocións básicas de gramática e vocabulario. Todo iso poderá poñelo en práctica en diferentes situacións comúns(aeroportos, congresos e convencións, tendas, axencias de viaxe,restaurantes, hoteis, etc.), nas que logrará desenvolverse conéxito.
Na actualidade, a nosa sociedade está inmersa encontinuos cambios. Afortunadamente, dispoñemos dunha ferramentaimportante que permite unha xestión empresarial eficaz, isto é, aatención ao cliente. O fin primordial que persegue este materialdidáctico é garantir a satisfacción dos clientes, obxectivo que seconseguirá única e exclusivamente se existe unha axeitada relación con estes. En definitiva, con este manual trátase de realizar un brevepercorrido a través das diferentes áreas que se engloban dentro docampo da atención ao cliente.