Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois eturcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta á vida en Etiopía, ondedescobre o fascismo e o amor, e onde tamén aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires,cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e asextravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde Asde picas a Corto Maltés, personaxe no que tamén se inspirou paraescribir a novela Corto Maltés. Balada do mar salgado. Na busca deaventuras, dá varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe é interior. Experto na Cábala, iniciado no vodú, descubridor do alleo en seis ousete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados,Hugo Pratt é o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro acarón das súas irmás negras, as súas curmás indias, as súas mulleres,os seus personaxes, os seus amigos e a morte...Entrevistas con Dominique Petitfaux O home que creou a lenda do CortoMaltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempoantes da súa morte, explora os misterios da súa vida...