Dai Saeki leva meses sen saír do seu pequeno apartamento en Gunshu.Con dezasete anos decide autoexiliarse da sociedade. Mais, en plenodesterro cara a ningures, unha chamada irrompe na súa rutina devideoxogos e comida lixo. No armario, baixo unha morea de roupa, soaun teléfono. O cabo Isozaki, un nonaxenario que se nega a admitir ofinal da Segunda Guerra Mundial, segue a protexer un solitario illotea poucas millas da cidade. Ancorado no seu posto, o abnegado militarve no rapaz a oportunidade de poder cumprir tres encargos que oatormentan dende hai tempo.Aceptar as misións, pasa por que Dai teña que facerlle fronte a aquilo do que está fuxindo.