HISTORIA DE ESPAÑA

HISTORIA DE ESPAÑA

$49.504
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
BAIA TEXTO (FIRME)
Año de edición:
Temática
Pedagogia
ISBN:
978-84-92630-09-7
Páginas:
432
Encuadernación:
Otros
Idioma:
GALEGO
$49.504
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

No deseño do Bacharelato de Galicia, a materia de Historia pretendeachegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos queconfiguran o Estado español, cun nivel de profundización que llepermita coñecer os seus trazos máis significativos.Tendo en conta o obxectivo básico, os autores defenden un modeloexplicativo do cambio histórico de carácter global e dialéctico,baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por unstrazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicosespecíficos, que se desenvolven nun período de tempo determinado peroque, pola súa propia evolución e pola actuación dos individuos egrupos sociais que o compoñen, cambia, tras un proceso máis ou menoslongo de crise, cara a outro novo e claramente diferenciado doanterior.Seguindo estes criterios, os autores presentan unha distribución doscontidos históricos en catro grandes bloques temáticos divididos, ásúa vez, en unidades temáticas: As raíces históricas, o Antigo Réxime, o Réxime liberal e República, ditadura e democracia. En canto aotratamento dos contidos, combínase a análise temática e sectorial coacronolóxica, así mesmo, a explicación conceptual, a reconstrución dasideas político-ideolóxicas que moven á sociedade e a explicitación dos grandes trazos característicos precede, normalmente, á narración dosfeitos. Cómpre advertir que non se abordan neste manual contidos decarácter cultural e artístico, un criterio adoptado fundamentalmenteporque o tempo imprescindíbel para podelos tratar faría case imposíbel abordar os estritamente históricos que figuran no extenso DCB destamateria no tempo asignado ao longo dun curso académico.Como estratexia de ensinanza-aprendizaxe, os autores defenden unmodelo integrador onde se combina a aprendizaxe por recepción e pordescubrimento. Así, a presentación dos contidos conxuga a informaciónexplícita para comprender os fenómenos históricos coa reconstrución everificación de parte da información por parte do alumnado mediante alectura e comentario de numerosos documentos históricos que aparecenintegrados no texto.