HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACH.

HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACH.

$49.504
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
BAIA TEXTO (FIRME)
Año de edición:
Temática
Pedagogia
ISBN:
978-84-9995-200-0
Páginas:
456
Encuadernación:
Bolsillo
Idioma:
GALEGO
Peso:
1200
Dimensiones:
270x200
$49.504
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

No deseño do Bacharelato de Galicia, a materia de Historia pretende achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos que configuran o Estado español, cun nivel de profundización que lle permita coñecer os seus trazos máis significativos.

Tendo en conta o obxectivo básico, os autores defenden un modelo explicativo do cambio histórico de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos, que se desenvolven nun período de tempo determinado pero que, pola súa propia evolución e pola actuación dos individuos e grupos sociais que o compoñen, cambia, tras un proceso máis ou menos longo de crise, cara a outro novo e claramente diferenciado do anterior.

Seguindo estes criterios, os autores presentan unha distribución dos contidos históricos en catro grandes bloques temáticos divididos, á súa vez, en unidades temáticas: As raíces históricas, o Antigo Réxime, o Réxime liberal e República, ditadura e democracia. En canto ao tratamento dos contidos, combínase a análise temática e sectorial coa cronolóxica; así mesmo, a explicación conceptual, a reconstrución das ideas político-ideolóxicas que moven a sociedade e a explicitación dos grandes trazos característicos precede, normalmente, á narración dos feitos. Cómpre advertir que os contidos de carácter cultural e artístico que se abordan neste manual trabállanse con menor profundidad que os estritamente históricos, que figuran no extenso currículo desta materia. Trátase dun criterio adoptado fundamentalmente proque o tempo imprescindible para podelos tratar con maior detemento faría imposible abordalos no tempo asignado nun curso académico.

Como estratexia de ensinanza-aprendizaxe, os autores defenden un modelo integrador onde se combina a aprendizaxe por recepción e por descubrimento. Así, a presentación dos contidos conxuga a información explícita para comprender os fenómenos históricos coa reconstrución e verificación de parte da información por parte do alumnado mediante a lectura e comentario de numerosos documentos históricos que aparecen integrados no texto.