Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mullerescomúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron asque mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa greacargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sendeixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que,até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan contanto equilibrio un peso na cabeza.
En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas ´parellassentimentais´ no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou deser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un2,3, os políticos, un 3,7, os nacionalismos, un 1,7, os bancos, un2,1, a monarquía, un 0,6, as excarcelacións, 0,5, o desemprego, un78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un2,5.
A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente detraballos feitos por historiadoras: Textos para a historia dasmulleres en Galicia, coordinado por Mª Xosé Rodríguez Galdo, Tresmulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, MaríaSoliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar,Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de TareixaLedo Regal, O orballo da igualdade. Asociacionismo fimininoprogresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos PereiraMartínez, Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de AuroraMarco, 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre.