CASTRO, XAVIER / CASTRO PEREZ, XAVIER
Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (séculosXIX e XX) plantéxase como unha obra de investigación histórica, queemprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible,escrita nunha linguaxe asequible e non academicista, e polo profusoemprego que se fai nela de textos literarios, etnográficos etestemuños orais, que contribúen a darlle amenidade ó tempo que axudan a recrear a o imaxinario colectivo e a atmósfera social na que sedesenvolveu a esistencia de varias xeracións de galegos de a pé.Existen varias historias de Galicia na época contemporánea, peroningunha dos galegos, das xentes de diferente condición social, dosque comían ben e durmían en colchóns de la, e os que levaban unhaexistencia precaria téndose que deitar amoreados en xergóns defollato: os homes, mulleres e nenos, labregos, fidalgos e habitantesdas cidades que protagonizaron a historia deste país. Considérase oamor e a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, ahixiene, o traballo e máis o lecer, e asemade o mundo da escola.