HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

$50.606
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-481-6
Páginas:
544
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$50.606
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e queconta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Dasorixes a 1853» (Xerais 2013), «Historia da Literatura Galega II. De1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014), «Historia da LiteraturaGalega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e«Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite»(Xerais 2019). En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite depedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, perotamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimentodas nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadurafranquista e a restauración das liberdades democráticas en España.Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corentaanos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polasluces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso. Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado dainteracción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista eos proxectos dos diferentes autores, considerala nas coordenadassocioculturais e sociopolíticas, procurar a textualidade de cadacreador, abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxenciasverticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé RamónPena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destaspáxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo dedificultades como fascinador.

Otros libros del autor