HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III

DE 1916 A 1936

$50.606
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Estudios literarios
ISBN:
978-84-9121-107-5
Páginas:
520
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
884
Dimensiones:
240x170
$50.606
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia daLiteratura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo-Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento(Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos laboresanteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva daetapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación dasIrmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio aGuerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de«anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunhaliteratura galega que acada a súa plena madurez, en directaconverxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unhaafinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalíade Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismotrobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parteintegrante -en interacción continua- da mobilizacióngaleguista/nacionalista, consideralos, xa que logo, na súa dimensiónsociocultural e sociopolítica, indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional,abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e nasúa proxección horizontal, configuran outros tantos piares quealicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nasque Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario,mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeiradimensión das especies que o compoñen.

Otros libros del autor