Un libro singular e necesario, o grande estudo de conxunto que seprecisaba sobre a vía xacobea. Este libro é unha completa síntese dasducias de traballos parciais dedicados á arte e á cultura do Camiño,desde as súas orixes ata o noso século. A arquitectura e o urbanismo,a música e a literatura aparecen aquí sempre en relación co seucontexto histórico e ideolóxico, de xeito que poidan ser comprendidasen profundidade. Do mesmo modo, Singul analiza os efectos da culturaxacobea sobre a construción da propia cidade de Compostela e sobre airradiación rural e urbana do fenómeno. Estamos perante un modelo dealta divulgación, que aproveitará tanto o estudoso como o lectorcomún.