A Harry encoméndanlle unha tarefa perigosa e aparentemente imposible:atopar e acabar cos Horcrux que faltan por destruír. Nunca tan só sevira nin se enfrontara a unha misión tan chea de sombras ameazantes.Mais deberá encontrar dentro de si a forza necesaria para levar a cabo o que lle foi encomendado. Ten que abandonar a compañía, a calor e aseguridade do Tobo e emprender sen medo nin vacilación o camiñoinexorable que ten por diante.Nesta final e sétima entrega da serie de Harry Potter, J. K. Rowlingdesvela dunha forma espectacular as respostas ás moitas preguntas quetanto tempo se levan esperando coñecer. Unha narración fascinante,ricamente tecida e cun ritmo trepidante, dunha autora que é mestra dorelato, cuxos libros serán lidos, relidos e se han volver a ler.