MORAN, CESAR / MORÁN FRAGA, CÉSAR
Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poetaAlvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autorde Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados porCésar Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedidapor Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelenteproposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeiraorde. César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os quedestaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegantetraballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aosamantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondoñedoagarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, ocontrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súavoz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos deCunqueiro. Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutramaneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegablevalor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co deMondoñedo.