A Guía dos fentos de Galicia recolle as 71 especies citadas enGalicia. Ilustrada a toda cor por Calros Silvar e cunha linguaxeaccesible e rigorosa, pretende ser de utilidade non só paraprofesionais, senón tamén para persoas interesadas en coñecer o nosomedio natural e, concretamente, os fentos que se poden atopar nodeambular por Galicia adiante.O seu autor, Henrique Niño Ricoi, completa e actualiza a súa anteriorpublicación, Unidade didáctica dos Fieitos de Galicia, editada en1995, e que representou un dos primeiros achegamentos á divulgación da flora e vexetación galegas ao gran público e un material de usoimprescindible no ensino.A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso paístrata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas,especialmente se consideramos o feito de que en toda a PenínsulaIbérica existen cerca de 120 especies. Excluíronse de formaintencionada todas aquelas que se cultivan como plantas de adorno.