Esta Guía de Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007,preparada pola Asociación de Sumilleres Gallaecia, recolle a máisexhaustiva e rigorosa información publicada ata agora sobre o panorama vitivinícola de Galicia. Concibida como un libro de consulta,dirixido tanto aos profesionais do sector e da hostelería, como aopúblico afeccionado, proporciona os datos de máis de setecentas marcas comerciais de viños e augardentes, catrocentas bodegas e máis decatrocentas rigorosas notas de cata (elaboradas por cerca de corentacatadores), alén de salientar os viños distinguidos pola Asociación de Sumilleres Gallaecia. Completan o volume diversos ensaiosdivulgativos sobre as características dos viños e augardentes galegosescritos por primeiras firmas (María Isabel Mijares y García-Pelayo,José Serrano Cuadrillo, Cristino Alvarez, José Luís Hernández Mañas,Custodio L. Zamarra, Mariano García, Carlos Falcó, Ramón NúñezCentella, Ignacio Orriols Fernández e Luis Moya ), así como unvocabulario especializado sobre os termos relacionados coa cata e coviño, ademais de incluír informes actualizados sobre ascaracterísticas da produción recente de cada unha das Denominacións de Orixe calificadas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro eValdeorras), dos recoñecidos como "Viños da Terra" (Terra de Betanzose Terras do Val do Miño-Ourense), así como a do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais deGalicia. A primeira guía valorativa que recolle toda a riqueza ediversidade dos viños e augardentes galegos, o elixir de ouro quemellor destila a nosa terra.