Esta guía de Javier Moreiras Menor, ilustrada con fotos e debuxosexplicativos, ofrece unha sinxela e amena iniciación ó estudio danatureza, baseada en experiencias prácticas. Preséntase informaciónsobre os cogomelos, árbores, anfibios, réptiles, aves e mamíferos deGalicia. Redactada nunha linguaxe clara, coloquial, evitando noposible os termos científicos, esta guía diríxese sobre todo ósnaturalistas novos, ós que facilita consellos útiles e técnicas deobservación. Constituíndo un elemento máis para o longo proceso deeducación ambiental, esta Guía de iniciación á natureza pretendecontribuír ó coñecemento, ó respecto e á defensa da maltreita natureza que nos arrodea e sustenta.