A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autornos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA.
A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo desustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e áecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan enactitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas.
O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas deesgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras deinsustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unhaoportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual.
A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas parafacer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras econsumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental.