ARES GUIMIL, TOMAS / VILA GONZÁLEZ, MARÍA XESÚS
Con máis de 200 fotografías a cor, esta guía aproxímase tanto aosgrandes balnearios de Galicia como ás pequenas fontes, complentando un instrumento imprescindible para coñecer as mellores augas do país.Inclúe mapas de localización das fontes, roteiros e lugares deinterese. Xunto a unha breve historia do termalismo en Galicia, a guía inclúe datos da composición das augas e indicacións terapéuticas,polo que resulta moi recomendable para que os amantes do termalismoteñan unha idea clara e concisa do que Galicia lles ofrece.