AA.VV
Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinariotraballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información e situación das 448 especies analizadas, que tamén sonilustradas por Calros Silvar con máis de 2000 debuxos a toda cor. Origor científico e o valor divulgativo únense unha vez máis paraachegarnos aos afeccionados e estudosos da ornitoloxía un produtoeditorial que sitúa a Baía Edicións e á literatura naturalista galegaao máis alto nivel. Unha novación que enriquece esta edición é oCD-rom que se acompaña e que, como material complementario da Guía,inclúe 28 especies introducidas non establecidas, 14 retiradas dalista das aves de Galicia da edición anterior, os cantos de 110especies, un moi amplo apartado de notas con citas aparecidas naextensa bibliografía consultada ou tratadas nos últimos congresosornitolóxicos galegos.