Unha novela chea de contrastes que prescinde das convencións máisrutineiras da narrativa xuvenil. En Guedellas de seda e liño a nobredelicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistascontrasta vivamente coa ruindade sempre ó axexo dalgúns personaxes que por alí rondan. A novela está escrita coa pulcritude estilística e origor constructivo que caracterizan a literatura da autora deAnagnórise. E unha obra que nos convida a compartir un mundo complexo, unhas veces radiante e outras veces noxento, que ten no amor a súaúltima e verdadeira xustificación.