GREGO 1º-2ºBACHARELATO

GREGO 1º-2ºBACHARELATO

$38.688
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-9995-227-7
Páginas:
384
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$38.688
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo aofinal unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúasreferidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada nalingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico através de textos traducidos e imaxes artísticas gregas, acontinuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntansetextos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias deampliación.

A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicaciónsbreves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e,progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas devocabulario de ´máxima frecuencia´ -feito a partir dos autores máisrepresentativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita oachegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversasactividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...)para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. Nosegundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais sefamiliarice co uso do dicionario.

Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzarmáis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunhaviaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos deInternet.

Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta partepara insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames.

O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas doIdioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.