O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panoramaeditorial galego que desde hai xa ben tempo debía estar ocupado. Polaimportancia de que se dota a historia da evolución do noso principalsinal de identidade como galegos, polo rigor con que está elaboradaesta viaxe lingüística a través dos séculos, polo seu carácter caseinaugural e mais pola ambiciosa intención globalizadora que rexe otraballo, este primeiro volume da Gramática Histórica Galegaconstituirá, a partir de hoxe, unha referencia imprescindíbel e unhaferramenta necesaria para calquera persoa que se quixer aproximar áfonética e á morfosintaxe da nosa lingua.
Percorrendo estesistemático ensaio filolóxico, o lector poderá achegarse ás palabrasda tribo desde as súas orixes latinas, acompañar os seus aconteceres,devalar con elas nunha mecánica evolutiva apaixonante ou perderse nasvarias direccións que foron conformando o galego e conformándonos anós mesmos. Eis o grande engado: a viaxe a que Laiovento quereconvidar os lectores.