FREIRE,ISABEL / FREIRE, ISABEL
Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lomboque o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando afesta de aniversario do seu dono, unha das súas amigas regaloulle unha enorme bóla de cristal que deixaron pegada ao acuario. Naquela bólachoraba as súas soidades unha peixiña sen compañía. Glub, o incriblepeixe bala, quere dar un chimpo e chegar onda ela para facerllecompañía. ¿Será capaz de conseguilo?Glub, o incrible peixe bala, escrito por Isabel Freire e ilustrado por Xan López Domínguez, é un fermoso conto de animais, cheo de humor,sobre os valores da amizade e o amor.