ALVAREZ, MANUEL / VILLAR, MIRO
Gameleiros é un libro cálido, fermoso, coidadosamente editado, queretrata, a través da cámara do fotógrafo Manuel Alvarez, residente enXenebra, Suiza, os rostros dos mariñeiros da Galicia, nunha amplísimaserie de fotografías feita na vila da Guarda. Os mariñeirosprotagonizan o libro con eses rostros tan humanos, que falan desde aplasticidade dos primeiros planos. Tras cada fotografía, un poema deMiro Villar completa o retrato do fotógrafo cunha breve pero intensapincelada literaria realizada expresamente para cada un dosgameleiros. As fotografías, realizadas en setembro de hai dous anos,na Guarda, definen a alma deses 27 mariñeiros de baixura que o lectorpode contemplar nun libro que é unha pequena obra de arte e toda unhahomenaxe á forza humana do mar de Galicia.Gameleiros é un libro quevolve os seus ollos cara ó mar galego nun momento tráxico para o país, que dá idea da riqueza e da importancia dese mar, tan humano e taninsertado na alma de todos os galegos e galegas. E outro libro sobre o mar que Xerais publica, ese mar que é corazón das xentes, dignidadedos mariñeiros e que agora, por enriba de todo, cómpre defender.PuntaOrelluda, Limpo de Saní, A Laxe, Baixo de Oia, O Bico, Pedra doFrancisco, As loucenzas... son algúns dos topónimos mariñeiros aos que nos remiten e que evocan os rostros destes homes de mar.