Galicia solidaria é un libro de autoría colectiva, coordinado porXulio Ríos e Carlos Teijo, que analiza o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento desde unha visión panorámica, abordando a súaevolución e manifestación desde a opinión reflexiva dos propiosprotagonistas e a partir de diferentes ópticas. O papel institucional, a axuda humanitaria, o comercio xusto, os medios de comunicación, aeducación, o contexto galego, o sistema internacional, a acciónexterior, a evolución, o marco normativo... son algúns dos temas quese dan cita neste libro que pon de manifesto que é posible mudar omundo. A cooperación é un instrumento transformador que constribúe non só a mellorar o estatus das persoas desfavorecidas senón tamén asementar unha conciencia crítica e solidaria sobre o mundo. Associedades desenvolvidas temos unha especial responsabilidade á horade promover unha orde internacional máis xusta e equitativa. DesdeGalicia, persoas, colectivos, entidades e institucións impulsandiferentes dinámicas de cooperación internacional que tratan deacompañar os procesos de desenvolvemento nos países do Sur, ao tempoque promoven iniciativas dirixidas á cidadanía galega para alentar ocompromiso e o fomento destas políticas. Este libro explica todas asclaves.