O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar polainternet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dosdocumentos atesourados na web durante este tempo, revisados eactualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión decompartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outrossucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias quepercorren este «País das mil e unha fantasías» de norte a sur, deleste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume.Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa,guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen decronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica,irremediablemente encantada.
O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que percorren este «País das mil e unha fantasías» de norte a sur, de leste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume. Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa, guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica, irremediablemente encantada.