GAIOLA ABERTA

GAIOLA ABERTA

$22.849
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-9995-287-1
Páginas:
128
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$22.849
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemaseditados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que oautor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María nocincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimoOs soños na gaiola.

Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupasceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén ososchorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz.Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, unpirata boa pata e un máxico xardín.

Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e arosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Poisnon o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

Otros libros del autor