O século XV marca o inicio da expansión imperial europea a escalaglobal. Foi nesa centuria cando os europeos bordean toda a costaatlántica africana instalando alí postos comerciais e bases defornecemento que lles permitían dominar as rutas comerciaisdesprazando aos árabes do comercio subsahariano, cando chegan áIndia establecendo a primeira ruta comercial que unía a PenínsulaIbérica coas terras das especies e con Asia e cando descobren Américaconvertindo ao Atlántico durante cincocentos anos no eixo arredor doque xirou toda a historia mundial.È coas expedicións dos pobos ibéricos cando o concepto de globalización comeza a tomar forma. È tamén agora cando se colocan os alicercesdos que serán os grandes imperios coloniais europeos que exportane impoñen os seus modelos políticos, económicos e culturais nameirande parte do mundo. È tamén agora cando algunhas linguaseuropeas (o portugués primeiro, o español, o francés e o inglés)viran en linguaxes internacionais que hoxe son matriciais para máisde mil millóns de persoas e de comunicación global para outrosmilleiros. O s.XV resultou fundamental para o nacemento do MundoModerno. E todo comezou con Portugal.