(G).48.HISTORIA DE DOUS AMANTES.(VETERA)

(G).48.HISTORIA DE DOUS AMANTES.(VETERA)

$34.630
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
RINOCERONTE EDITORA S.L.
ISBN:
978-84-17388-88-1
Idioma:
Castellano
$34.630
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor,ficticia ou real. Piccolomini confesa que optou pola segundaposibilidade: vai contar a historia dos amores adúlteros entre un homedo séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha mullercasada, de nome Lucrecia. Indica tamén que se vai basear nunharelación amorosa que Kaspar Schlick, a quen vai dedicada a obra, tivodurante unha estadía en Siena. Con isto o autor inscríbese nunuso narrativo típico da Idade Media, que chegou ata o Renacemento emesmo ata os nosos días: asegurar ao lector que o que se vaicontar é un feito verídico. Un dos escritores que se valeu destadeclaración de verosimilitude nos seus relatos foi GiovanniBoccaccio (1313-1375), en cuxo Decamerón identificamos un dos espellos no que Piccolomini se mirou á hora de compoñer a súa Historia.Enea Silvio Piccolomini era un home que coñecía moi ben a literaturaclásica, en particular a latina. Foi un ávido lector deVirxilio, Cicerón e Ovidio. Na Historia de dous amantes foi espallando varias das súas referencias literarias clásicas, coa idea deque o lector culto gozase dun tecido narrativo que case poderiamoscualificar de hipertextual.