Chegaron os 80 e con eles o nacemento de Galicia Moda. Na súa sedeviguesa, situada nun edificio da Gran Vía, un equipo diversificadoencargábase cada día de facerlle fronte á tarefa motora dareconversión e dinamización dun sector, o téxtil galego, para poñelodemoda. Con esta obra quérese render tributo a un momento moi especialda nosa historia no que fomos vangarda creativa e comercial nunsector -o da moda- que non estaba nin era esperado. Un momento,ademais, de grande efervescencia cultural e social, con Vigo comoepicentro. Traballábase moito (en Galicia había deseñadores forxadosno taller, non intelectuais do deseño), en medio dun frenesísocial que levaba os nosos creadores e a súa xente por Madrid,Barcelona, París, Florencia, Milán, Colonia, Nova York, Londres...s...