O padre Sarmiento foi un dos investigadores galegos máis importantes e polifacéticos do século XVIII en Galicia e en toda Europa, e constitúe un exemplo canónico da Ilustración española. Pensador sabio, crítico, curioso sen límites... a súa obra insírese na mellor tradición emancipadora do seu tempo. A súa biografía, personalidade e pensamento conflúen nunha figura singular e irrepetible, chea de sabedoría, e na que se mesturan os coñecementos académicos e populares.