Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitarcoa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, parasignificalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitasanacos. O poema é un mapa que encaixa na realidade coa mesmadificultade plástica coa que un cadro abstracto pinta a perfeccióndunha flor, dunha estrela, ou da melancolía.