FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

$59.531
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Lenguas e idiomas
ISBN:
978-84-9121-187-7
Páginas:
704
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
1177
Dimensiones:
240x170
$59.531
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursivaalcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dunidioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñenque ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia decondicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. Atarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudosempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzasexperimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoitoremoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.
Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición dasmudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que osromanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temossobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galegomedio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por ungrupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas.