AA.VV
Cando a Real Academia Galega decidiu dedicar a Florencio M. DelgadoGurriarán o Día das Letras Galegas, fíxoo consciente de que se tratadunha figura poliédrica, cunha non moi extensa obra literaria mais que representa coma poucas un perfil vital e intelectual esgazado polasconsecuencia do levantamento fascista de 1936, o perfil de tantoshomes e mulleres, a meirande parte deles esvaídos no anonimato, quetiveron que reinventarse da outra banda do mar. O exilio foi o destino que os salvou e que os alleou de vez, nun ambiguo pulo da fortuna que determinaría para sempre as súas vidas. Ese foi o caso de FlorencioDelgado Gurriarán, quen chegou a México o 7 de xullo de 1939. Estelibro, co que a USC honra a memoria e lembra a obra do autor, componse de seis interesantes traballos que fan un percorrido pola biografíaliteraria, humana e sociolingüística do autor.