Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en ´Faro de Vigo´ na súa sección ´Floreano´ organizadas en tres apartados: ´De mulleres, chiñas, rubias e varios´, ´De curas, monseñores eeminensias´ e ´De tasas, viños e loureiros´. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano,Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre ovolume o texto, ´Floreano, My Way´, limiar de Alberto Avendaño,director de ´Tiempo Latino´.
´Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinasdo ´Faro de Vigo´ e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eucreo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade.Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo asaudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca faicomentarios de actualidade transcendental, limítase a doar os seusórganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para omelloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano éun heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes.Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aíndaque a el o que máis lle gusta é tocar. (...)
Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e maiseu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galegonormativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!
Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.´
Do limiar de Alberto Avendaño