FLOR DE VENTO

FLOR DE VENTO

$22.135
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(012).IR INDO DISTRIBUCIONS S.A
Año de edición:
ISBN:
978-84-7680-599-2
Páginas:
92
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
200x130
$22.135
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Xiana era unha fermosísima e moi nova flor dun xardín: unha margaridade pétalos azuis salferidos de pequenas pencas de cor laranxa como uncapricho da natureza. As outras margaridas tíñanlle envexa. Estabaintrigada polo ´globo que dá luz´ e polo que podería haber máis alá do muro. Preguntoulle a unha bolboreta, mais ela estaba contenta entretantas flores e nunca quixera saír do xardín. A andoriña Triloscontoulle que máis alá o mundo era moi grande, con moitas flores,ríos, montañas e o mar inmenso. E explicoulle que morrer é como o aire que leva dentro o globo dun rapaz: cando estoura segue existindo mais non se ve. Co inverno, Trilos marchou e moitas plantas murcharon coaxeada. Ela sobreviviu. Trasladárona para un balcón e un maceteiro,agochada do vento e da choiva. Alí, un vello xeranio explicoulle quenon debe ter medo da abella, pois só busca o seu néctar e pole parafabricar o mel, mais si do escaravello, do que os libra a choivaartificial que a dona da casa lles botou por enriba. E comprendeu quea vida é unha morea de sucesos encadeados. Soubo logo que o mantobranco de neve se vén no inverno non é malo, pero na primavera mata as flores, segundo lle explicou o xeranio. Na primavera chegaron novasflores e a andoriña Trilos, que lle explicou o nacemento da vida cando outra construía un niño no tellado para futuras crías. Viu logo viuao pimpín facer o seu variado niño, do que o cuco se aproveitoumetendo nel a súa cría... E un día que lle ían cambiar a terra dotesto, aproveitou para pedirlle á andoriña que a levase con ela.Levouna voando moi alto, até as nubes. Sentiuse unha flor do vento.Pousouna logo nun val, nun oco, e co peteiro encheu as súas raiceirasde terra. A andoriña marchou de novo para Africa, mais cando volveu,atopou outra margarida igual á súa amiga: ela deixara no xardín o seuproxecto dunha nova flor.