MARTIN, ANDREU / RIBERA, JAUME
Xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado que se celebra en Barcelona, uns días antes de que Nines lle preparea festa do seu dezaoito aniversario, Flanagan sabe polo seu amigoCharche que a policía detivo a Clara Longo, a que fora a súa primeiramoza, unha heavi lindísima da que nada sabía dende facía catro anos. A pesar de que os rillotes do Komando Destrutor lle pediran que seguise á profesora Xema Obiols, unha oportunidade estupenda para estrear asúa moto nova de segunda man, Flanagan non poderá evitar buscar orastro de Clara, que recoñece coma unha das mozas máis importantes dasúa biografía sentimental. Movido por estas saudades inexplicables,Flanagan atopará esa pista na tenda de Todo a Un Euro, propiedade deSimón Bericart e Margot Longo, unha tapadeira para vender xoiasroubadas. Mais a súa perplexidade aumentará cando coñece que a tía deClara é asasinada. Flanagan, entón, deberá enfrontarse a resolver undos seus casos máis complexos e perigosos.