FIN DE FESTA

FIN DE FESTA

$21.421
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Año de edición:
Temática
Enciclopedias y diccionarios
ISBN:
978-84-8487-358-7
Páginas:
88
Encuadernación:
Otros
Idioma:
GALEGO
$21.421
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei aguiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo
día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaranos freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza decatro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avóde branco e vermello, cando era cativa vogueina a carón depapá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondascomo unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, decase todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade
nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixoda casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ódespece, soméllame que se iría un ser máis da familia.As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quenson, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só ficosegura de chamarme como a nosa chalana, intúo que esa particular
circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme eunida á terra, á orixe, ós ancestros, algún día levarame de volta.
Os solitarios, bebedores e vagabundos de ?Fin de Festa? formanparte desa mesma identidade, unha intelección do mundotolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desdeo asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide adenuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,sobre o canto ós ?saudosos? protagonistas do libro, paira taméno mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapazaque podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a contados máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoitoson xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levoua varias xeracións por diante, transformou en zombis como osque Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unhaxuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?Diana Varela

Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a
guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo
día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran
os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de
catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.
Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó
de branco e vermello, cando era cativa vogueina a carón de
papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,
en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.
A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondas
como unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, de
case todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade
nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixo
da casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ó
despece, soméllame que se iría un ser máis da familia.
As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quen
son, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só fico
segura de chamarme como a nosa chalana, intúo que esa particular
circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.
Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme e
unida á terra, á orixe, ós ancestros, algún día levarame de volta.
Os solitarios, bebedores e vagabundos de ?Fin de Festa? forman
parte desa mesma identidade, unha intelección do mundo
tolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desde
o asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.
Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide a
denuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,
sobre o canto ós ?saudosos? protagonistas do libro, paira tamén
o mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapaza
que podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a conta
dos máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoito
son xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levou
a varias xeracións por diante, transformou en zombis como os
que Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unha
xuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?

Diana Varela