VARELA PUÑAL, DIANA / DIANA VARELA PUÑAL
SINOPSE
Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do quenon se fala non existe, quen ?existe?? Nunha época na que unicamentese valora o éxito a calquera prezo, na que futbolistas e modelos seerixiron en exemplos a seguir, esta novela é unha homenaxe ós feos, ós perdedores, ós desposuídos.
Instalados no reverso, no underground, solitarios, bebedores evagabundos rúan como retratos de sombras polas páxinas de Fin de
Festa.
*******************************************************
?A identidade
Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a
guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo
día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran
os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de
catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.
Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó
de branco e vermello, cando era cativa vogueina a carón de
papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,
en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.