FESTINA LENTE

FESTINA LENTE

PREMIO DA CRÍTICA 2008-PREMIO IRMANDADE DO LIBRO"MELLOR LIBRO GALEGO 09"

$37.308
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Novela historica
ISBN:
978-84-9782-786-7
Páginas:
288
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
427
Dimensiones:
220x150
$37.308
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de librosprohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela noano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniñoa caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seumestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nasrúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas depergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanariosfurtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunhaidade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S.Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente.Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lectorunha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempode intolerancia.