Feroz, o lobo,
pasara a noite toda
deambulando polo bosque.
Andaba tan atarefado
que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,
cousa imprescindible na vida dun lobo.
Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca deCarapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibeinsultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido,coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa.Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, uncazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan...
Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesaescribir esta historia ´para reconciliarse cos personaxes do conto´,posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: ´Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!´. A autoracéntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar aCarapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan nocamiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto,perségueo.
Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitasveces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinteevolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que taméncambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: ´Esta forma depensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanmetodas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as quesaben enganar os lobos...´.
Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora LeireSalaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenosunha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe deanimación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historiae participar de todo o que lle vai acontecendo.
Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz,que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan´ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista´, apunta ailustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas deprantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seuparticular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunhacasa, conduce, cociña, pasa o ferro...), e a unha Carapuchiña ´máislobuna´, non en balde a súa carapucha ten orellas.
Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror,parten dun conto tradicional para afastarse
del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectoresmozos gozarán de cada detalle da historia.
A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos Emiratos
Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.