Quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencementofeminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos iguais. E faino tamén desde a idea de que nomearnos, moito máis na nosa lingua, é o primeiro paso para pensarnos, para recoñecernos e para existir.En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite aopensamento, unha modesta introdución a unha forma concreta de mirar enomear o mundo que nos rodea. Un achegamento a un corpus teóricomínimo, esencial, que facilite a comprensión de certos conceptosbásicos da teoría feminista. E tamén unha invitación a ir máis alá, aaventurarse nas teorías e nas autoras que se mencionan, unha portasempre aberta á discusión.