CABIDO, CID / CID CABIDO, XOSE
Fálame sempre é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguénse lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. Oparticular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo poloslimpos carreiros do humor. Mais non só hai humor nesta obra de CidCabido: o autor sitúa os personaxes na corda frouxa, obrigándoos atomar partido. Eis o relato «Outra vida cotiá», onde o protagonista se enfronta á tesitura de baixar polo pan e non volver á casa. Mais nada é o que parece. Aquí o equívoco ten visos dramáticos. Nos dezaseterelatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como oinquilino do conto «O estraño caso de Cándido Costas Tobío», quearrinca nunha marcha pola supresión da peaxe de Rande, nun espazoaberto, e remata nunha lóbrega estancia. Logo aparecen os que fancasas con solainas á altura do tellado, e as mozas dunha chea defulanos, o boom dos móbiles, os que están profundamente namoriscados,ou os que loitan contra as multinacionais coa única arma que teñen áman, a retranca, a mesma ironía de que se vale o autor ó longo de todo o libro. E mais tamén a neurose proxectada sobre unha poliña decastiñeiro, o medo ós que non son coma nós, a vinganza do neno -enquen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, séntese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e taménos Cohen e Woody Allen, e a reflexión sobre a existencia, aliteratura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.