FAHRENHEIT 451

FAHRENHEIT 451

$22.848
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Ciencia ficcion
ISBN:
978-84-9782-310-4
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x130
$22.848
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. GuyMontag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, queestán prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así,Montag séntese desgrazado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hailibros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento doLume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado porhelicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler."Fahrenheit 451" de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a "1984"de George Orwel e "Un feliz mundo novo" (Xerais, 1999) de AldousHuxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aosmedios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resultaasombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes quemostran telenovelas interactivas, carteis publicitarios de sesentametros de longo nas estradas, altofalantes en miniatura que a xenteleva nos oídos para escoitar música e as noticias, a indiferenza daspersoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradburyfusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial datecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos depois da súaaparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar.Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía naque os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintesesfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.

Otros libros del autor