En "Exhumación", a xuízo do xurado que lle concedeu o Premio ManuelLueiro Rey, escóitase «o tempero dunha voz moi afinada, chea deresonancias e lecturas que o autor soubo procesar para ofrecer unhaaproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dosdesfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva».Ademais, o xurado subliñou do poemario a súa «arquitectura moi sólidae tramada» e o feito de que a «dicción culta da obra convence polo seu poder evocador e a fulguración das imaxes labradas con gran mestría».