Nos Exercicios de estilo, que verqueron para o galego os prestixiosostraductores Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos, o autor pon sobre a escena todo un coro de personaxes que interpreta, a modo decomposición musical, a mesma corta anécdota contada de 99 maneirasdistintas. Rexistros idiomáticos, xéneros literarios, xogos depalabras, situacións persoais, perspectivas narrativas, recursosestilísticos, niveis sociais e outros diferentes enfoques mestúranse e organízanse nunha obra que sería errado considerar coma unha simpleproeza lingüística, unha pura demitificación literaria ou un merovirtuosismo compositivo.En palabras do traductor, HenriqueHarguindey:Estando presentes a creación verbal, a enxeñeríamatemática, o retrato social, o distanciamento expositivo e tantosoutros ingredientes, o conxunto forma unha obra superior, que ten como resultado o que autor queria conseguir: ", desincrutar aliteratura das súas diferentes ferruxes, das súas costras,desincrustar a literatura das cousas futíles que con frecuencia nonvemos ", .A través destes Exercicios de estilo, Quenau destripa alinguaxe para examinar o seu funcionamento desarticulando earticulando as súas pezas. E sobre todo, xoga e ri. Porque quere poñer de manifesto que a linguaxe é unha fonte de pracer. Que a lingua, ápar doutras funcións, ten tamén unha función lúdica.